O Mi 9 Pro 5G é o novo tope de gama de Xiaomi
martes, 24 de setembro do 2019
Tras presentar o Redmi
K20 Pro como unha renovación en potencia do anterior móbil insignia de Xiaomi
na gama media, chegou a quenda da gama alta, e presentaron hoxe o Mi
9 Pro 5G, que presume de tirar proveito das 3 bandas 5G empregadas por
China Mobile, China Unicom e China Telecom e conseguir velocidades de descarga
de até 2,02 Gbps (en laboratorio) ou até 1,78 Gbps (en probas de campo), ou
sexa que gozarÃan dunha banda larga 10 veces máis rápida que as conexións 4G
habituais. Amais, este novo terminal integra unha estrutura de 7 antenas para
conseguir unha boa recepción co dispositivo en horizontal ou vertical.
O Mi 9 Pro 5G funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 855+, até 12 GB de
RAM, até 512 GB de almacenamento interno, un deseño que consegue reducir a
temperatura do procesador até 10,2 graos centÃgrados, a súa baterÃa de 4.000
mAh permite carga rápida de 40 watts por cable (o que permite unha carga
completa en só 48 minutos), carga rápida sen fÃos a 30 watts e incluso conta
con cárga inversa sen fÃos a 10 watts (o que resulta moi práctico para cargar
accesorios como auriculares sen fÃos).
A nivel de cámara, o Mi 9 Pro 5G ten unha cámara traseira tripla cun sensor
principal de 48 MpÃxeles, un ultra grande angular de 16 MpÃxeles e un
teleobxectivo de 12 MpÃxeles; mentres que a cámara frontal está agochada nunha
pestana superior central e ten unha resolución de 16 MpÃxeles.
Este novo smartphone tamén conta cunha pantalla AMOLED Full HD+ de 6,39
polgadas, recoñecemento de pegadas dixitais e NFC (compatible con pagamentos
móbiles), e porase á venda en China en modelos con 8 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento a 3.699 iuans (474 euros), con 8 GB de RAM e 256 GB de
almacenamento a 3.799 iuans (487 euros), con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento
por 4.099 iuans (525 euros) e con 12 GB
de RAM e 512 GB de almacenamento por 4.299 iuans (551 euros).