O Nokia 7900 Crystal Prism, a nova xoia da telefonía móbil
mércores, 23 de xaneiro do 2008
Nokia, trala presentación dun par de terminais de baixo
prezo, decidiu amosar un novo móbil que vai nunha liña totalmente oposta,
que se incorpora á familia Prism,
cun deseño xeométrico e esteticamente impresionante, que presenta un botón
central en forma de cristal de zafiro e unha cuberta traseira de alumino
percorrida por liñas curvas.
O Nokia 7900
Crystal Prism ten 1 Gb de memoria interna, reprodutor de música e vídeo,
pantalla OLED cunha resolución de 320 x 240 píxeles, cámara de 2 Mpíxeles con
flash, e conectividade 3G, que se venderá no primeiro trimestre do ano por uns
375 euros (sen IVE).
O usuario tamén pode personalizar a luz do keymat
elixindo entre 49 cores distintas.