O Nokia E52 contará cunha autonomía de ata 23 días en espera

mércores, 6 de maio do 2009 Marcus Fernández

Nokia presentou hoxe un novo terminal telefónico, o E52, que conta con A-GPS, conectividade HSDPA/HSUPA (ata 10,2 Mbps de descarga e 2 Mbps de subida) e cámara de 3,2 Mpíxeles, aínda que o detalle no que máis se fixarán moitos será na súa autonomía, pois sería capaz de funcionar 8 horas seguidas en conversa e ata 23 días en espera.
O Nokia E52 estará dispoñible en cor gris escura ou aluminio, incluirá unha tarxeta microSD de 1 Gb e o seu prezo será duns 245 euros na segunda metade do ano. Pese a non contar con Wi-Fi, o móbil incluirá soporte de Mobile VPN (o que facilita o acceso remoto a redes corporativas) e de Nokia Messaging, correo de Exchange e IBM Lotus Notes Traveller.


Presentación das características do Nokia E52