O Nokia Lumia 800 terá versión en branco

luns, 6 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

O móbil Nokia Lumia 800 foi chegando ao noso mercado en distintas cores ata a súa gama cromática inicial (negro, azul e rosa), o que resultaba evidente que só sería o comezo, confirmándose agora que a finais de mes no mercado europeo teremos unha versión coa carcasa en cor branca. O terminal coincide en prezo (uns 499 euros libro) e prestacións co resto de Lumia 800, buscando simplemente ofrecer un maior abano de cores aos seus compradores, para que adquiran o móbil que máis se axuste aos seus gustos estéticos.
O Nokia Lumia 800 funciona co sistema operativo Windows Phone 7.5, un procesador de 1,4 GHz, pantalla curva AMOLED de ,37 polgadas ClearBlack, cámara de 8 Mpíxeles con enfoque automático, dobre flash LED e gravación de vídeo en alta definición e un peso de 142 gramos. Para diferenciarse doutros terminais con Windows Phone, non só ten unha aparencia máis elegantes, senón que tamén inclúe software exclusivo de Nokia, como Nokia Drive (navegación GPS) e Nokia Music (co servizo de música en streaming MixRadio).
Os países aos que antes chegará o novo terminal son Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, Países Baixos, Escandinavia, Finlandia, Polonia, Suíza e España.

JPEG - 49 KB
Tras as cores vermella, azul e negra, agora o Nokia Lumia 800 terá versión branca</A>

PUBLICIDADE