O Nokia N9 lÃbrase dos botóns
martes, 21 de xuño do 2011
A
poucos meses de que cheguen os móbiles de Nokia co sistema operativo Windows
Phone, o fabricante finlandés segue a estrear smartphones co sistema operativo MeeGo, sorprendendo co deseño do Nokia
N9, por carecer de botóns, converténdose no terminal máis táctil de Nokia, tendo que recorrer a xestos sinxelos para as
funcións que tradicionalmente se asociaban a botóns.
O Nokia N9
ten unha xenerosa pantalla AMOLED de 3,9 polgadas (cunha resolución de 854 x
480 pÃxeles), unha carcasa de policarbonato (dispoñible en negro, rosa e azul
ceo), GPS (con Ovi Mapas), unha antena que presume de conseguir unha mellor
recepción que boa parte dos seus competidores, e capacidades de almacenamento
de 16 e 64 Gb e unha xenerosa cantidade de RAM (1 Gb).
- O móbil estará dispoñible en 3 cores
Tamén goza dunha cámara
de 8 MpÃxeles con enfoque automático, flash de dobre LED e capacidade de gravación
de vÃdeo en alta definición. Mide 116,45 x 61,2 x 7,6-12,1 milÃmetros e pesa
135 gramos.
A interface de usuario do Nokia N9 organÃzase en 3 vistas repartidas en
carrusel:
Aplicacións para lanzar e organizalas
Eventos para fluxos de redes sociais e notificacións de chamadas, mensaxes de texto, eventos de calendarios...
Abril aplicación para conmutar entre todas as aplicacións abertas
recentemente
Outra das caracterÃsticas destacables do Nokia N9 é que conta con tecnoloxÃa NFC, para compartir información dun xeito moi áxil e doado.
Veremos este terminal no mercado a finais de ano, estando aÃnda por determinar
o seu prezo.
O Nokia N9 ten unha interface do uso bastante atractiva