O OnePlus 5T aposta pola pantalla 18:9 e unha mellor cámara dual

xoves, 16 de novembro do 2017 Marcus Fernández

No mes de xuño presentouse o OnePlus 5, un smartphone cunha configuración moi completa que buscaba reforzar a posición dunha marca consolidada como alternativa fiable aos principais fabricantes, e agora anuncian o seu sucesor o OnePlus 5T, smartphone que sairá á venda o 21 de novembro a un prezo que parte dos 499 euros e que sube ao carro das últimas tendencias de mercado ao apostar por unha pantalla Full Optic AMOLED de 6 polgadas cunha relación de aspecto 18:9, así como unha dobre cámara mellorada.
Temos así un smartphone cunha aparencia moi delgada, un corpo integran de aluminio, un lector de pegadas dixitais cerámico de grande velocidade (recoñece as pegadas en 0,2 segundos) e unha notable mellora na súa cámara traseira, xa que aínda que a cámara principal de 12 Mpíxeles cunha apertura f/1.7, a súa cámara secuendaria tamén aposta por unha apertura f/1.7, de xeito que agora ambas recolle unha maior cantidade de luz. A cámara frontal, pola súa banda, confórmase cun sensor de 16 Mpíxeles e unha apertura f/2.0.
A cámara tamén mellora a nivel de software, conseguindo así un modo retrato cunha mellor redución de ruído e, mediante un algoritmo multi-cadro tamén consegue que, ao comparar varias imaxes da mesma escena poidan filtrarse inconsistencias e mellorar así a claridade xeral dos retratos.
O OnePlus 5T funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 835 con 6/8 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento interno (UFS2.1-LANE), dobre nano-SIM, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, NFC e batería de 3.300 mAh con carga rápida por USB-C (que en media hora conseguiría carga dabondo para aguantar un día enteiro); ten un grosor de 7,3 milímetros e un peso de 162 gramos. En definitiva, un móbil capaz de competir coa alta gama de compañías como Samsung ou LG (de feito, é bastante difícil de distinguir externamente dun Galaxy S8 ou dun LG G6), sempre que o consumidor non teña prexuízos cos fabricantes chineses.

Como vén a ser habitual na marca, o OnePlus 5T funciona con OxygenOS, unha versión personalizada de Android

PUBLICIDADE