O OnePlus Nord CE 5G apunta a un público moi amplo cun prezo de partida de 299 euros
xoves, 10 de xuño do 2021
Hai preto dun ano presentouse
o OnePlus Nord, un smartphone con 5G que partÃa dun prezo de 399 euros, o
que facÃa que se converterse nun grande éxito por achegar unhas prestacións moi
boas por un prezo moi afastado do último móbil insignia da compañÃa (o OnePlus
8 que custaba entre 709 e 909 euros).
Conscientes da boa recepción do Nord presentan agora o OnePlus Nord CE 5G, que
reforza o mesmo concepto, de xeito que promete ser un magnÃfico smartphone a
nivel de experiencia de uso cun prezo moi axustado, que desta volta serÃa de
299 euros para a versión con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, podendo
adquirirse tamén con 8 GB de RAM por 329 euros ou con 12 GB de RAM e 256 GB de
almacenamento por 399 euros.
Este novo smartphone chega cun procesador Qualcomm Snapdragon 750G 5G, memoria
LPDDR4X, almacenamento UFS2.1, pantalla Fluid AMOLED de 90 Hz con resolución
Full HD+ e unha diagonal de 6,43 polgadas, baterÃa de 4.500 mAh con Warp Charge
30T Plus (ou sexa, carga rápida de 30 watts), unha cámara traseira tripla cun
sensor principal de 64 MpÃxeles e gravación de vÃdeo 4K, cámara frontal de 16
MpÃxeles, Wi-Fi 5, Bluetooth 5.1, NFC, lector de impresións dixitais en
pantalla, dobre nano SIM e unha pequena sorpresa adicional: conector para
auriculares de 3,5 milÃmetros. Todo isto funcionando baixo OxygenOS baseado en
Android 11 (actualizable como mÃnimo até Android 13).
Para quen estea afeito a experiencia de uso dos móbiles de OnePlus estariamos
ante unha opción de compra imprescindible, que semella orientada a competir con
fabricantes como Xiaomi, xa que por un prezo lixeiramente superior aos seus
móbiles de gama media conséguese uns dispositivos que ofrecen unha sensación de
uso de móbiles de gama alta, de aà que sexan dispositivos de tan boa
reputación.