O Opera Mobile 10 xa funciona en Android

luns, 22 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Durante o Mobile World Congress presentouse unha versión do Opera Mini para iPhone que dificilmente verá a luz na App Store, mentres que outra versión móbil da mesma compañía si podería ter máis futuro: o Opera Mobile para Android.
Estariamos ante un Opera Mobile 10 en Android amosado nun terminal Nexus One, que curiosamente ofrece unha experiencia de navegación realmente boa, e que a súa compañía buscaría a súa integración por parte de operadoras de telefonía móbil.
Ata o momento Opera Mobile só estaba dispoñible para terminais Nokia ou con Windows Mobile, aínda que a versión para Android aínda non está dispoñible a través da tenda de descargas, senón que está a ofrecerse só para fabricantes e operadores de telefonía.
Phillip Grønvold de Opera Software amosando en Barcelona o funcionamento de Opera Mobile nun Nexus One:

PUBLICIDADE