O Oppo U3 contará con dobre SIM e pantalla de 5,9 polgadas
mércores, 21 de xaneiro do 2015
O fabricante chinés Oppo continúa a mellorar o seu catálogo
de produtos de coidado deseño, apostando polos smartphones de grande tamaño
como o Oppo U3, un novo
tabletófono con pantalla IPS Full HD de 5,9 polgadas, que goza de conectividade
LTE (espazos para unha tarxetas microSIM e outra nanoSIM), procesador MediaTek de 64 bits
a 1,7 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno ampliable mediante
tarxetas de memoria de até 128 GB, cámaras traseira Sony Exmor RS IMX213 de 13
MpÃxeles e 5 MpÃxeles, baterÃa de 3.100 mAh, un grosor de 8 milÃmetros e un
peso de 195 gramos. Funciona con ColorOS 2.0.1 (basaeado en Android 4.4) e
tamén presume dun son de grande calidade (por contar cun procesador de son
AK4961).
Oppo continúa coa súa última tendencia de incorporar un patrón de diamantes na
súa parte traseira, que neste caso é de policarbonato (mentres que o Oppo R1C optaba
polo cristal de zafiro) e tamén integra o sistema de carga rápida VOOC, que
é unha das caracterÃsticas máis demandadas polos usuarios, especialmente en
dispositivos con baterÃas de grande capacidade.
O seu prezo de
venda en China será de 2.798 iuans (388,96 euros), aÃnda que teremos que
agardar uns meses para velos na tenda
europea da compañÃa.
- O Oppo U3 chegan cun tamaño de pantalla de 5,9 polgadas
- O novo smartphone de Oppo promete unha boa calidade sonora grazas a un procesador dedicado