O Parlamento Europeo desconfÃa de Kaspersky Labs
venres, 15 de xuño do 2018
A compañÃa de seguridade informática Kaspersky Labs está no
punto de mira de distintos gobernos ante o temor de que que o uso do seu
software poida ser un risco difÃcil de asumir ante a posible influencia do
goberno ruso na empresa, de xeito que nos EE.UU. xa prohibiron
o uso das súas aplicacións nas axencias gobernamentais, no Reino Unido
tamén advertiron sobre os riscos de confiar en Kaspersky e finalmente tamén chegou
a polémica ao Parlamento Europeo, que aprobou
unha moción para pedir á Unión Europea a revisión exhaustiva dos programas,
os equipos e as infraestruturas informáticas e de comunicacións que se empregan
nas institucións para excluÃr programas potencialmente perigosos e «prohibir aqueles
que fosen confirmados como malintencionados, como os de Kaspersky Lab».
AÃnda que a petición do Parlamento Europeo non obriga a ningún paÃs a adoptar
medidas, deixa a Kaspersky nunha moi mala situación, polo que publicou
un comunicado rexeitando todas as acusacións na súa contra, asegurando que
as decisións do Parlamento baseáronse en falsidades e considerando insultante
que se ataque asà a unha compañÃa que loita contra os delitos informáticos.
AsÃ, Kaspersky Lab anuncia que cesará temporalmente as súas colaboracións coas
iniciativas europeas de loita contra a delincuencia informática, incluÃndo ás
da Europol, até que o Parlamento Europeo clarexe a actual situación, aÃnda que
esta reacción parece simplemente simbólica, xa que semella improbable que unha
autoridade comunitaria fose a solicitar a colaboración dunha compañÃa da que
desconfÃase publicamente.