O Poco F4 GT preséntase como un grande móbil para xogar
martes, 26 de abril do 2022
Xiaomi presentou hoxe o Poco F4 GT, o smartphone
máis potente da familia Poco, que claramente busca atraer aos seareiros aos
videoxogos que queren dispositivos de grande potencia a un prezo axustado,
aÃnda que nesta ocasión as elevadas prestacións fan que o smartphone non poida ter
un prezo tan baixo como desexarÃan os seareiros da marca.
O Poco F4 GT é un potente móbil que funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon
8 Gen 1, 8/12 GB de RAM LPDDR5, 128/256 GB de almacenamento interno UFS 3.1,
pantalla Full HD+ AMOLED de 6,67 polgadas cunha velocidade de refresco de até
120 Hz, catro altofalantes, certificación de audio Hi-Res, Wi-Fi 6E, Bluetooth
5.2, NFC, lector de impresións dixitais lateral e baterÃa de 4.700 mAh con
carga rápida de 120 watts (o que permite unha carga completa en só 17 minutos),
que non queda atrás na súa configuración de cámaras: unha cámara frontal de 20
MpÃxeles e unha cámara traseira tripla cun sensor principal de 64 MpÃxeles.
Integra refrixeración LiquidCool 3.0, elemento moi interesante para os
xogadores intensivos, para o que o móbil tamén integra un sistema de gatillos gaming
retráctiles (facilitando asà un agarre semellante ao dun gamepad). Tamén
podemos destacar que o seu cable de carga de 1,5 metros ten forma de L, de
xeito que non estorba ao xogar co móbil mentres se carga a súa baterÃa.
A versión do Poco F4 GT con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento véndese a
499,99 euros (incluÃndo un desconto de lanzamento de 100 euros), mentres que
o modelo con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento custa 100 euros máis.
- O Poco F4 GT suma prestacións de alta gama a un prezo contido
VÃdeo do evento no que se presentou o Poco F4 GT