O Proxecto Nós coloca o galego na vangarda das tecnoloxÃas da linguaxe
mércores, 21 de xaneiro do 2026
No mes de decembro Santiago de Compostela acolleu a xornada de presentación dos resultados de ILENIA-Proxecto Nós, na que deron conta doa avances conseguidos nos últimos tres anos para situar a nosa lingua na vangarda das tecnoloxÃas da linguaxe e da intelixencia artificial, o que aproveitamos para falar con Senén Barro, director do CiTIUS, institución que, xunto co ILG, manexou o temón do equipo investigador desta iniciativa.
— Pode comentarnos como xurdiu o Proxecto Nós? Que motivou a súa posta en marcha?
— A orixe do proxecto é moi interesante. Houbo dúas empresas galegas, Atlanticponte e Plexus, que viron a oportunidade de que os fondos europeos activados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia serviran para impulsar un proxecto de paÃs para que o galego se situase na economÃa e sociedade dixital. Foi só unha idea, pero moi feliz. Trasladaron esa idea á USC, coñecedores de que a través do CiTIUS e o ILG tÃñamos o coñecemento e a competencia en investigación para impulsar un proxecto pensado para chegar á industria, ás administracións públicas e á sociedade en xeral, pero que necesariamente tiña que partir da investigación. Tomamos a idea, a desenvolvimos con ambición, pero tamén con concreción, e a trasladamos á Xunta, entendendo que un proxecto de paÃs para o galego e as tecnoloxÃas intelixentes require do liderado polÃtico, administrativo e financeiro da administración autonómica. A partir de aà Nós comeza o seu camiño.
— Que riscos terÃa que dende Galicia non se avanzase no ámbito da IA centrándose na nosa lingua?
— Unha lingua que non estea ou estea escasamente presente no mundo dixital, no das máquinas, que é dÃa a dÃa unha parte maior do mundo no que vivimos, traballamos ou do mundo do lecer, será máis pronto que tarde unha lingua irrelevante. Pero non se trata só de preservar a lingua, aÃnda sendo isto o máis importante, senón aproveitar as oportunidades que abre en todos os sentidos a IA e as tecnoloxÃas da linguaxe en particular. Renunciar a ser competentes e competitivos nese terreo é renunciar a un futuro mellor.
— Cales eran os principais obxectivos do Proxecto Nós? Foron acadándose as súas mestas? Hai algún fito especialmente significativo do que sentir orgullo?
— Non podemos falar nunca dos obxectivos do proxecto Nós en pasado, senón en futuro. En última instancia son obxectivos para sempre. Doutro modo serÃa como dicir que en temas de comunicacións Galicia poderÃa darse por satisfeita coa rede de rede de estradas, autoestradas, aeroportos ou portos que hoxe ten. Podemos estar máis ou menos satisfeitos do que temos como infraestruturas que facilitan a mobilidade de persoas e mercadorÃas, pero se nos detemos aquà en poucos anos estarÃamos illados do resto do mundo e entre nós. Pois coas tecnoloxÃas para o galego é o mesmo. Os primeiros anos de Nós supuxeron crear os recursos básicos, como os corpus de voz e texto, practicamente inexistentes antes; formar técnicos e investigadores; desenvolver os recursos tecnolóxicos básicos, como sintetizadores e recoñecedores de voz ou tradutores; aprender a crear modelos de linguaxe... En definitiva, situarnos na vangarda das tecnoloxÃas da linguaxe e situar ao galego entre as linguas desenvolvidas a nivel tecnolóxico. Creo que ter acadado este punto é o noso principal logro. Pasamos da irrelevancia á importancia.
— Cómpre salientar que unha das cousas que se fixo dende o Proxecto foi abrir a colaboracións. Que papel xogou ese enfoque no desenvolvemento do Proxecto?
— Nun proxecto como Nós as colaboracións son esenciais. Colaboracións co resto de centros de investigación de España responsables dos equivalentes ao proxecto Nós para as outras linguas oficiais do Estado. Colaboracións con Portugal, co que nos unen linguas, galego e portugués, que proceden dun tronco común. Colaboracións dentro de Galicia, con outros centros de investigación e moi especialmente coas administracións públicas e a industria, ademais de outras organizacións públicas e privadas. É máis, a medida que Nós se vai desenvolvendo e vai gañando corpo, as colaboracións son máis intensas e útiles, particularmente con todo o tecido produtivo.
— A nivel técnico houbo algún desafÃo especialmente difÃcil de superar? Poderiamos dicir que a principal barreira é a falla de recursos lingüÃsticos cos que traballar? Ou tamén dende un punto de vista tecnolóxico hai dificultades salientables?
— O primeiro e gran desafÃo foi partir case da nada en canto á dispoñibilidade de corpus de texto e voz. Calquera recurso tecnolóxico, e singularmente os modelos de IA de voz e texto, requiren grandes cantidades de datos e de calidade. ImaxÃnese que ten que trazar unha rede de autovÃas e carece dos materiais para construÃlas. Pois asà foi o arranque do proxecto Nós. As cousas cambiaron radicalmente nestes anos e o mellor de todo é que todos eses datos están dispoñibles para calquera, son de acceso libre, están documentados, a súa orixe é declarada e a calidade contrastada. Por darlles un dato, somos o décimo idioma do mundo en corpus de voz en Common Voice, Para o lector que o descoñeza, Common Voice é un proxecto aberto da Mozilla Foundation que ten como obxectivo recompilar voces de persoas de todo o mundo para crear bases de datos de voz libres e públicas nas distintas linguas.
— Dos resultados presentados en sociedade do Proxecto Nós, cales considera que son os que van ter un traslado máis inmediato á sociedade galego?
— Penso que as voces sintéticas, de altÃsima calidade, e tamén o tradutor entre galego-castelán-inglés, o primeiro feito para o galego con tecnoloxÃa de modelos grandes de linguaxe, cuxa calidade supera a calquera outro. Pensemos que a tradución é unha das tarefas automatizadas que se usan de modo máis intensivo no mundo.
— Na presentación de resultados comentouse a posibilidade de colaborar con iniciativas privadas. Está a espertarse interese entre as empresas para abrirse ás posibilidades das ferramentas desenvolvidas dentro do Proxecto Nós?
— Si, asà é. Ata agora nós buscábamos esa colaboración pero costaba moito xa que as empresas ou non vÃan a rendibilidade da mesma, por estar o proxecto Nós aÃnda en fases moi preliminares, ou pensaban que Ãa a ser unha colaboración circunscrita ao galego e, agás que ese fose o seu foco directo, a consideraban menos interesante. Agora danse conta de que Nós é un proxecto maduro que xa fixo aportacións relevantes e útiles para as empresas, pero que ademais pode acompañalas en desenvolvemento de produtos, servizos e aplicacións, e non só para o galego. De feito, acabamos de publicar unha chamada dirixida ás empresas e organizacións públicas para que nos presenten as súas ideas ou proxectos, buscando o noso apoio. Está aberto ata finais de mes.
— AÃnda que a sociedade estea a demandar que os asistentes de IA comerciais falen a nosa lingua, iso non é algo doado de conseguir. Iniciativas como o Proxecto Nós poden contribuÃr dalgún xeito a tal obxectivo? Ou haberÃa que percorrer outros sendeiros para traer polo rego aos xigantes tecnolóxicos?
— Só polo feito de ter desenvolvido corpus de voz e texto de gran tamaño e calidade, estamos seguros de que hai grandes empresas, mesmo algún deses xigantes tecnolóxicos, que están usándoos para mellorar a competencia en galego dos seus modelos de IA, servizos e produtos. Ao ter eses datos accesibles, sen problemas de uso e ser de alta calidade, non lles supón ningún esforzo usalos e os usan. De non estar asà dispoñibles, desde logo ditas empresas non se molestarÃan en conseguilos pola súa conta, xa que non os considerarÃan relevantes para os seus modelos de negocio. Esta é outra aportación excepcionalmente importante do proxecto Nós, xa que no noso caso non temos opción algunha de poder desenvolver os modelos de IA e outras tecnoloxÃas intelixentes que si están ao alcance destas compañÃas.
— Para concluÃr, que futuro ten o Proxecto Nós? Manterase como unha iniciativa central ou veremos escisións das súas ferramentas en distintos proxectos en función das necesidades do mercado e dos avances da tecnoloxÃa?
— Se o proxecto Nós non se ve pola Xunta e incluso polo Estado, como un proxecto sen fin, non ten sentido. Volvo ao de facer a analoxÃa co absurdo que resultarÃa facer unhas excelentes infraestruturas de comunicación, pero que xa nunca máis se van a mellorar nin a continuar. Penso que o Estado deberÃa impulsar e coordinar un proxecto para o conxunto de linguas de España, en estreita colaboración coas comunidades autónomas que temos linguas propias, e que a Xunta deberÃa ter a principal responsabilidade pública non só para impulsar con un investimento crecente a continuidade do proxecto Nós, senón para axudar a valorizar nas empresas e administracións públicas o seus resultados.
