O Redmagic 8 Pro terá 6.000 mAh de baterÃa
luns, 16 de xaneiro do 2023
A
marca de móbiles Nubia presentou hoxe o seu novo móbil orientado ao gaming,
o Redmagic 8 Pro,
que chegará ao mercado o vindeiro 2 de febreiro a un prezo de 649 euros con 12
GB de RAM e 256 GB de almacenamento e 799 euros con 16 GB de RAM e 512 GB de
almacenamento.
Estamos ante un dos primeiros smartphones con procesador Qualcomm Snapdragon 8
Gen 2, que desta volta aposta por un deseño agresivo e un sistema de
refrixeración que fai que sexa apto para xogar varias horas seguidas sen ter
que reducir o seu rendemento, ao que tamén contribúe que albergue do seu
interior dúas baterÃas de 3.00 mAh en paralelo capaz de cargarse a 65 watts.
O Redmagic 8 Pro tamén ten unha pantalla AMOLED de 6,8 polgadas cunha
velocidade de refresco de 120 Hz e un brillo de 1.300 nits, protexida por unha
capa de Gorilla Glass. Tamén presume de NFC, Bluetooth 5.3 e Wi-Fi 7, e como é habitual
nos dispositivos para xogar, aparte duns potentes altofalantes tamén conta cun
conector para auriculares.
Até este punto poderiamos pensar que estamos tan un impresionante móbil de alta
gama, que pode ser ideal para os que buscan unha boa autonomÃa, pero o seu punto
feble está moi claro: a súa cámara. Nubia non aposta por grandes sensores nin
teleobxectivos impresionantes, e limÃtase a equipar o seu novo móbil cunha
cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 MpÃxeles e cunha cámara
frontal de 16 MpÃxeles, conseguindo uns resultados que poden non estar á altura
dun teléfono neste rango de prezo, pero que é consecuencia da aposta polo
rendemento habitual nos móbiles gaming.