O Redmi 7 chega a España a un prezo de entre 139 e 179 euros
luns, 1 de abril do 2019
A só dúas semanas da presentación
do Redmi 7, o novo móbil económico de Xiaomi confirma a súa chegada a
España o vindeiro dÃa 4 a un prezo de 159 euros para o seu modelo con 3 GB de
RAM e 32 GB de almacenamento interno. Está previsto que o Redmi 7 chegue tamén nunha versión
con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento e outra con 3 GB de RAM e 64 GB de
almacenamento que distanciarÃanse en 20 euros (por abaixo e por arriba
respectivamente) do modelo de referencia.
O Redmi 7 é un smartphone con procesador Qualcomm Snapdragon 632, pantalla Full
HD+ de 6,26 polgadas cunha pestana superior en forma de pinga, cámara traseira
dual de 12 + 2 MpÃxeles, cámara frontal de 8 MpÃxeles e unha baterÃa de 4.000
mAh que vai principalmente dirixido a quen busca un móbil económico cunha boa
autonomÃa. A súa bandexa para dobre SIM tamén permite incorporar simultaneamente
unha tarxeta microSD de até 512 GB.