O Redmi Note 8T incluirá cámara cuádrupla e NFC
mércores, 6 de novembro do 2019
Esta
mañá Xiaomi presentou en Madrid un novo smartphone de gama media que busca
converterse no supervendas dos vindeiros meses polo seu grande equilibrio entre
prestacións e prezo, o Redmi Note 8T, que chegará cun procesador Qualcomm
Snapdragon 665, até 4 GB de RAM, até 128 GB de almacenamento interno, pantalla
Full HD+ de 6,3 polgadas, protección Corning Gorilla Glass 5 por diante e por
detrás, protección contra salpicaduras, conector de auriculares, boas cámaras,
unha baterÃa de 4.000 mAh con carga rápida a 18 watts e un detalle pouco
frecuente nos smartphones de fabricación chinesa máis económicos: conectividade
NFC para a realización de pagamentos móbiles.
No que ás cámaras se refire, ten unha cámara traseira cuádrupla con sensores de
48, 8, 2 e 2 MpÃxeles e unha cámara frontal de 13 MpÃxeles capaz de tomar selfies
panorámicos. Tamén conta con modo retrato baseado en intelixencia artificial, o
seu modo macro pode enfocar a só 2 centÃmetros de distancia, inclúe un modo
nocturno (que dispara instantáneas de 12 MpÃxeles para conseguir unha boa
luminosidade en malas condicións de luz) e incluso presume de cámara lenta na
gravación de vÃdeo.
Falamos dun móbil moi atractivo, que o vindeiro venres sairá á venda en España
en tres cores (azul estelar, branco lunar e gris medianoite) na súa versión con
4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento a un prezo de 199 euros. Máis adiante
haberá tamén unha versión con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento por 179
euros e outra con 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento por 249 euros.
- A incorporación de NFC nos smartphones da gama Redmi fai máis accesibles os pagamentos móbiles