O Samsung GALAXY GRAND Neo combina prestacións básicas cunha grande pantalla

martes, 28 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Samsung continúa o seu despregue de terminais móbiles con grandes pantallas e prestacións algo limitadas para poder manter uns prezos atractivos, e dentro desta gama de dispositivos chega ao mercado europeo a un prezo de 260 euros o Samsung GALAXY GRAND Neo, que preséntase nunha enorme pantalla de 5,01 polgadas pero cunha resolución bastante curta (480 x 800 píxeles) que funciona cun procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb), cámaras de 5 e 0,3 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, ata HSPA+ de ata 21 Mbps, USB 2.0, Android 4.2, batería de 2.100 mAh (que chegaría ata 10 horas de uso de Internet a través de Wi-Fi ou 8 horas de reprodución de vídeo), un grosor de 9,6 milímetros e un peso de 163 gramos.
Temos así un smartphone claramente limitado en prestacións, quedando nunha gama media-baixa, pero coa aparencia externa dun gama alta, detalle co que dende Samsung agardan unha boa aceptación deste terminal.

O novo smartphone presenta unha pantalla de grande tamaño, aínda que cunha resolución bastante pobre

PUBLICIDADE