O Samsung Galaxy M31 presume de cámara cuádrupla e batería de 6.000 mAh
mércores, 29 de abril do 2020
Os usuarios
que buscan que os seus smartphones teñan principalmente unha boa autonomía teñen
un novo teléfono de Samsung que pór no seu punto de mira, xa que veñen
de anunciar a chegada a España do Samsung Galaxy M31, que como bandeira ten
unha batería de 6.000 mAh con carga rápida de 15 watts, e a
partir do 6 de maio poderemos mercar por 279 euros en Amazon e na tenda en
liña de Samsung.
O Samsung Galaxy M31 está equipado cunha pantalla Super AMOLED Infinity-U Full
HD+ de 6,4 polgadas, ten son Dolby Atmos, lector de pegadas traseiro, funciona
cun procesador de 8 núcleos Exynos 9611 e 6 GB de RAM, e os 64 GB de
almacenamento poden ampliarse mediante tarxetas de até 512 GB. Funciona con
Android 10 e incluso ten dobre SIM. A nivel de cámaras presume dunha cámara
traseira cuádrupla cun sensor principal de 64 Mpíxeles, un grande angular de 8
Mpíxeles, unha cámara macro de 5 Mpíxeles e un sensor de profundidade de 5
Mpíxeles, podendo gravar vídeo 4K e incluso facer hyperlapses e gravacións en
cámara lenta, así como gozar dun modo súper estable. No caso da cámara frontal
de 32 Mpíxeles, que inclúe modo nocturno para disparar fotografías con pouca
luz, inclúese tamén gravación de vídeo 4K e selfies a cámara lenta.
Pese á súa xenerosa batería, o Galaxy M31 consegue conter o seu grosor en 8,9
milímetros e o seu peso en 191 gramos, de xeito que ten un agarre confortable.
- O Galaxy M31 conta cunha cámara traseira moi completa