O Samsung Soul combinará prestacións e estilo
venres, 8 de febreiro do 2008
Samsung presentou hoxe un novo terminal de
telefonÃa móbil que se poderá ver a vindeira semana no Mobile World Congress de
Barcelona, o Samsung Soul, nome que
pretende recoller o seu lema The Spirit
Of ULtra (o espÃrito de Ultra), que
pretende continuar o éxito de outros móbiles da serie Ultra Edition (coma o
D900 e o U600).
O Samsung
Soul é un móbil cuatribanda con conectividade HSDPA de ata 7,2 Mbps, te
teclado deslizante, pantalla de 2,2 polgadas, cámara de 5 MpÃxeles con flash
LED e detección de cara, radio FM, lector de memorias microSD, Bluetooth e un
grosor de só 12,9
milÃmetros.
Para achegar unha boa experiencia de uso, o Soul inclúe a tecnoloxÃa Magical Touch de DaCP, de xeito que as
iconas do panel de navegación cambian segundo o uso que se faga do dispositivo.