O Sony Ericsson Aino poderá reproducir contidos da PlayStation 3

venres, 29 de maio do 2009 Marcus Fernández

Pese a que Sony Ericsson estea a pasar apuros económicos iso non os desanima para presentar innovacións nos seus terminais, e así presentan o Sony Ericsson Aino, que é un terminal con pantalla táctil de 3 polgadas cunha resolución de 240 x 432 píxeles que sorprende por contar con integración coa PlayStation 3. O móbil poderá facer uso de Remote Play para acceder aos contidos almacenados na consola e mesmo a televisión se contamos con PlayTV na PS3.
En prestacións tampouco queda curto, e conta cunha cámara de 8 Mpíxeles (con recoñecemento de caras, enfoque automático e flash), receptor de GPS, sintonizador de radio FM, Bluetooth con soporte A2DP, Wi-Fi, lector de tarxetas microSD (inclúe unha de 8 Gb) e unha autonomía de ata 13 horas en conversa, ata 380 horas en espera e incluso 31 horas reproducindo música. Mide 104 x 50x15.5 mm e pesa 134 gramos.
Chegará ao mercado a comezo do último trimestre do ano, e estará dispoñible en branco e en negro.


Vídeo promocional do Aino

PUBLICIDADE