O SportSuit Runabout permite correr mentres se usa o iPod Shuffle

luns, 4 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Se hai un reprodutor que está a sorprender pola súa boa aceptación pese ás súas limitacións, ese é o iPod Shuffle, que sen contar cunha pantalla na que amosar os temas a reproducir, ten un tamaño moi reducir e un formato de pinza que resulta sumamente atractivo para os consumidores, de xeito que dende Apple non dan abasto para atender a demanda de reprodutores, polo que non é de estrañar que comecen a saír accesorios para o dispositivo.
Marware é o fabricante que comeza a adaptar as súas fundas e accesorios para iPod, polo que vén de lanzar o SportSuit Runabout, que é unha banda que se pode empregar no pulso ou no antebrazo para suxeitar o iPod Shuffle mentres practicamos deporte.
O útil accesorio véndese a 15 dólares, e en breve se engadirá tamén á tenda de Apple, de xeito que os usuarios máis dinámicos do iPod máis pequeno poderán contar cunha cómoda banda axustable que lles permitirá correr sen temer pola seguridade do seu reprodutor multimedia.

PUBLICIDADE