O Surface Duo chega a España
mércores, 9 de xuño do 2021
En 2019 Microsoft sorprendeu anunciando
que estaba a traballar nunha versión de Windows orientada á dobre pantalla
(que finalmente foi desbotada) e incluso nun smartphone con dobre pantalla que
funcionarÃa con Android, o Surface Duo, que chegou
ao mercado norteamericano o ano pasado, e que finalmente estará
dispoñible para as empresas españolas a un prezo recomendado de 1.549 euros.
Microsoft busca que este dispositivo sexa unha ferramenta de grande utilidade
para os ámbitos empresarial e educativo, ofrecendo unha maior produtividade
grazas á dobre pantalla, á vez que pode presumir de ser o primeiro Surface que
colle no peto.
O Surface Duo está equipado con dúas pantallas táctiles de 5,6 polgadas unidas
por unha bisagra de 360 graos que pode sumar unha superficie total de 8,1
polgadas cunha resolución total de 2.700 x 1.800 pÃxeles, que facilita o uso de
dúas aplicacións á vez, tirar proveito de aplicacións orientadas a un uso
multipantalla ou empregar unha das pantallas como teclado táctil. Tamén conta
con lector de impresións dixitais, conexión USB-C 3.1 para carga rápida de 18
watts ou saÃda de vÃdeo, cámara de 11 MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo 4K e todo
nun grosor de 4,8 milÃmetros por pantalla, de xeito que este trebello encartado
ten un grosor de só 9,9 milÃmetros, o que é bastante semellante a un smartphone,
mantendo o seu peso nuns discretos 250 gramos. Un produto que resulta
especialmente interesante como concepto, á espera de que o software poida tirar
proveito das súas posibilidades.
En calquera caso, cómpre lembrar que o Surface Duo é un produto que poida
considerarse competitivo, xa que o
seu procesador era o propio de smartphones de 2019, a súa baterÃa é de só 3.577
mAh (algo que incluso parece deficiente para un móbil cunha única pantalla) e o
moito máis moderno Samsung Galaxy Z Fold 2 5G resulta máis económico (en tendas
como MediaMarkt custa actualmente 1.518 euros mentres que en tendas en liña
pode atoparse por preto de 1.100 euros).
VÃdeo promocional do Surface Duo