O Surface Pro 3 aspira a ocupar o lugar dos ordenadores portátiles
martes, 20 de maio do 2014
Microsoft presentou hoxe a nova xeración do seu tablet máis
potente, e con Surface
Pro 3 teñen claro ter acadado o nivel suficiente para poder
substituÃr completamente a un ordenador portátil coa versatilidade dun
tablet, converténdose nun equipo válido para funcións de produtividade, para
consumir contidos no tempo de lecer e incluso para executar videoxogos,
mantendo un peso lixeiro e un deseño delgado.
O Surface Pro 3 terÃa aprendido a lección dos seus anteriores modelos, e aparte
da grande potencia que achega o seu procesador Intel Core de cuarta xeración
(con opcións de Intel Core i3/i5/i7) e a folgura dos seus 4/8 Gb de RAM temos
un detalle que será decisivo para o seu éxito: o equipo inclúe unha pantalla de
12 polgadas cunha resolución de 2.160 x 1.440 pÃxeles, o que permÃtelle ser
suficiente para traballar sen ter que conter o escritorio nunhas reducidas 10,1
polgadas. Para completar o equipo tamén temos que o seu almacenamento interno
móvese entre os 64 e os 512 Gb, integra un porto USB 3.0 de tamaño completo
(para poder conectar periféricos sen ter que empregar cables adaptadores), un
porto Mini DisplayPort para facilitar o seu uso con pantallas externas e un
lector de tarxetas de memoria microSD para ampliar a súa capacidade de
almacenamento interna.
O novo tablet de Microsoft tamén mellora a peaña que integra na súa parte
traseira, que facilita a súa colocación sobre o escritorio, e que permite oscilar
entre unha inclinación de 0 a 150 graos. Os seus teclados externos tamén
incrementan un 63% o tamaño dos seus paneis táctiles para conseguir un control
máis preciso. Outro accesorio de grande importancia é o lapis premium que inclúe, que ten o tamaño dun
lapis real, e unha construción de aluminio, que en combinación coa tecnoloxÃa
de bloqueo táctil cando se detecta o seu uso permite converter a pantalla do
tablet nun lenzo sobre o que tomar anotacións, escribir e mesmo debuxar.
Microsoft incluso atrévese a
comparar o Surface Pro 3 cos equipos estrela de Apple, e asegura que o seu
novo Surface ten a metade de grosor que un MacBook Pro e incluso é un 30% máis
delgado que un MacBook Air de 11 polgadas, elemento que non impide que
conseguise unha autonomÃa de ata 9 horas. A nivel de cámaras tamén supera aos
equipos de Apple, pois o Surface Pro 3 integra dúas cámaras de 5 MpÃxeles en
vez dunha cámara frontal de 720p.
O Surface Pro 3 comeza a aceptar pedidos, que comezarán a atenderse o 20 de
xuño en EE.UU. e Canadá, e que no caso español haberá que agardar ata finais de
agosto para poder ver o novo equipo nas tendas. O prezo de saÃda é de 799 euros
para o modelo con procesador Intel Core i3 e 64 Gb de almacenamento interno,
resultando bastante competitivo o modelo con Intel Core i5 e 128 Gb de
capacidade, que mantén o prezo nos 999 euros, o que poderÃa verse como unha grande
ameaza para o MacBook Air.
A partir do modelo con Intel Core i5 e 256 Gb de almacenamento interno, que
custa 1.299 euros, teriamos xa 8 Gb de RAM, en vez dos 4 Gb do modelo básico, o
que xa serÃa unha configuración moi avanzada, que sitúa o equipo nunha boa
posición dentro dos portátiles para usos profesionais. A configuración máis
avanzada do equipo chegarÃa a un procesador Intel Core i7 e 512 Gb de
almacenamento interno por 1.949 euros.
VÃdeo de presentación do Surface Pro 3