O Toshiba TG02 será resistente á auga
luns, 1 de febreiro do 2010
Hai cousa dun ano presentouse no Mobile World Congress de Barcelona o móbil Toshiba TG01, que finalmente chegou ao mercado español no verán da man de Telefónica, e que sorprendía pola súa enorme pantalla táctil de 4,1 polgadas e polo seu procesador Qualcomm Snapdragon a 1 GHz (actualmente tamén utilizado polo Nexus One e o HTC HD2), e agora filtrouse documentación do que Toshiba estaría a preparar para o que resta do ano, entre o que aparecería o terminal TG02, que sería unha renovación do anterior móbil que destacaría especialmente por contar con certificación IPx4, o que quere dicir que sería resistente á auga, o que podería ser unha característica interesante para moitos usuarios que ao moverse en certas condicións tiñan que optar por limitados terminais reforzados, e que agora podería gozar tamén de smartphones coma este, que tamén gozará de Wi-Fi, HSDPA, cámara de 3,2 Mpíxeles, GPS, sistema operativo 6.5 e un grosor de só 9,9 milímetros.