O apagamento das centrais de cobre tardará bastantes meses en completarse
martes, 23 de abril do 2024
Nos últimos meses escoitamos unha chea de veces que o 19 de abril, coincidindo coa celebración do centenario de Telefónica, remataría a transición entre as redes de par de cobre e a fibra óptica, o que traduciríase no apagamento de todas as centrais telefónicas tradicionais e do ADSL, pero esta previsión parece ser máis simbólica que real, polo que cómpre tranquilizar aos usuarios que aínda non migraron á fibra.
Aínda que aos consumidores envióuselles un ultimato por parte de Movistar, para que solicitasen a migración a fibra, non son poucos os casos nos que o cambio a fibra non chega a producirse en tempo e forma, e a compañía non pode deixar abandonados aos usuarios, privándoos do servizo universal ás telecomunicacións.
Agora sábese que na práctica non hai ningunha data escrita en pedra sobre o apagamento total do cobre en España, e que Movistar está a comunicar aos seus clientes que farao ao longo de 2024. Aínda que a meirande parte dos peches das centrais de fibra están programados para o mes de outubro, hai incluso centrais que seguirán operativas até finais de maio de 2025 e incluso un par delas até primeiros de 2026, constatando a dificultade de despedirse dunha tecnoloxía tan estendida cando aínda non está totalmente despregada unha alternativa universal.