O domingo celebrarase o primeiro Torneo Autonómico NBA 2K20

mércores, 22 de abril do 2020 Marcus Fernández

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia celebrará o vindeiro domingo a primeira edición do Torneo Autonómico NBA 2K20, coa finalidade de manter o contacto entre os clubs da comunidade galega e dar continuidade ás competicións aínda que sexan de xeito virtual. Esta primeira edición celebrada durante o confinamento pola crise do COVID-19 conta co apoio da Federación Galega de Baloncesto e coa colaboración da tenda deportiva Tiro Libre de Santiago de Compostela (que outorgará o premio ao gañador do torneo e outros agasallos aos participantes).
Nesta torneo do videoxogo de baloncesto de referencia para PlayStation 4 participarán 32 clubs ou entidades da Federación Galega de Baloncesto, e poderá seguirse a través de Twitch coa narración de Carlos Tresandí, José Menéndez Zapi, Pepo Suevos e outros comentaristas que animarán a xornada do domingo que comezará ás 9:00 horas cunha primeira rolda que rematará ás 13:00 horas, estando previsto que a final teña lugar ás 19:00 horas.
O venres ás 18:00 horas terá lugar o sorteo deste torneo, nunha retransmisión presentada por Carlos Tresandí e Sergio González na que tamén participarán o xogador Pepe Pozas, o adestrador Moncho Fernández e o humorista David Amor.

Pablo Tresandí representará ao Seis do Nadal no torneo

PUBLICIDADE