O filme galego Cuñados chega ás principais plataformas dixitais
venres, 8 de outubro do 2021
Cuñados,
o filme con máis éxito de recadación e máis visto en Galicia
deste ano, xa está nas plataformas dixitais. A pelÃcula,
protagonizada por Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira e Federico
Pérez, poderá verse o domingo ás 9:55 horas en Movistar Estrenos 2.
Tamén está xa dispoñÃbel en DVD e en Filmin, Vodafone TV, Apple,
Google, Amazon Prime Video, Rakuten TV, Sala virtual de Cine e Orange
TV.
Producida
por Alfonso Blanco de Portocabo, Cuñados é unha comedia de
enredo sobre as peripecias delictivas de tres cuñados unidos polo
azar e embarcados nun plan disparatado.
Cuñados
conta con algunhas das caras máis recoñecidas e queridas do
panorama cinematográfico galego como son Xosé A. Touriñán, Miguel
de Lira, Eva Fernández, Iolanda MuÃños, MarÃa Vázquez e Federico
Pérez Rey.
Na
historia, Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A.
Touriñán) acaban de meter a pata nun dos seus negocios e necesitan
diñeiro. Moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao
problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de
Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e deixou tirados. Só hai
un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu
cuñado.
Cuñados
é unha produción de Portocabo que conta coa participación de RTVE
e Televisión de Galicia e coa subvención da Axencia Galega das
Industrias Culturais (AGADIC). En Cuñados colaboraron a
Deputación de Ourense e D.O. Ribeiro e está rodada integramente na
provincia de Ourense. Filmax encárgase da distribución en España,
asà como das vendas internacionais.