O iDive 300 permite mergullarse a 90 metros de profundidade cun iPod
venres, 24 de outubro do 2008
As caixas estancas
para colocar reprodutores multimedia para poder escoitar música na praia, en
embarcacións ou mesmo nadando son algo relativamente habitual, pero dende H2O
Audio sorprenden co seu iDive
300, que promete unha resistencia á auga ata unha profundidade de
300 pés (90 metros), ou sexa, que permitiría o uso de reprodutores iPod mentres
se mergulla, contando incluso cun botón que permite utilizar a roda ou a
pantalla táctiles dos reprodutores debaixo da auga.
Os auriculares somerxibles incluídos nesta carcasa están deseñados para
conectarse de xeito doado á máscara de mergullo. O sistema tamén conta cun
amplificador integrado para achegar un son estéreo de alta calidade.
Aparte de para escoitar música debaixo da auga, os seus fabricantes tamén
recomendan o iDive 300 para ver vídeos durante a espera de descompresión tras
un tempo a certa profundidade.
O
iDive 300 se vende a 349,99 dólares (279 euros) e é compatible con
reprodutores iPod Touch, Classic e nano.