O novo LG Bello II destaca polos seus selfies de 5 Mpíxeles

luns, 20 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Un ano despois de que LG apostase polos seus smartphones de gama media da familia L (Bello e Fino), democratizando o deseño dos seus móbiles de alta gama (incorporando moitos dos seus detalles a terminais moito máis básicos) temos que quere repetir a xogada, e agora anuncia que este mes comeza a comercializar o novo LG Bello II, sucesor do LG L Bello, e que chegará a Europa durante o presente trimestre.
Este smartphone 3G opta por unha pantalla de 5 polgadas (de só 854 x 480 píxeles) e unha cámara frontal de 5 Mpíxeles con flash (deixando clara a súa vocación para tomar selfies), que xunto a unha batería extraíble de 2.540 mAh parece completar un dispositivo bastante atractivo.
Este teléfono funciona cun procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno ampliable mediante microSD, cámara traseira de 8 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, un grosor de 9,6 milímetros, un peso de 155 gramos, sistema operativo Android 5.1.1, carcasa en branco, titán ou dourado e modelos para 1 ou 2 tarxetas SIM en función do mercado no que se comercialice. Un smartphone que claramente non convencerá a quen busque unhas boas especificacións, pero que consegue unha digna posición entre os terminais económicos que normalmente se adquiren a través de operadores de telefonía móbil.

PUBLICIDADE