O profesor Layton estrea trailer do seu xogo para Nintendo 3DS

mércores, 10 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O xogo chegará localizado ao español

Para dar a coñecer o que será El profesor Layton y la Máscara de los Prodigios, xogo que chegará en exclusiva para as consolas Nintendo 3DS e 3DS XL, dende Nintendo publican hoxe un trailer do xogo que deixa ver as súas escenas cinemáticas, os seus quebracabezas e parte do argumento da primeira incursión de Layton nas 3D, da que poderemos gozar a partires do 26 de outubro, data na que porase á venda totalmente localizado ao español.
O xogo sitúase en Montedore, vila aterrorizada polo Cabaleiro Enmascarado, do que o profesor Layton terá que dar conta resolvendo distintos enigmas que o farán somerxerse no seu pasado (de xeito que permitiranos encargar por momentos ao profesor cando só tiña 17 anos).
Este novo título para as portátiles 3D de Nintendo chega con 150 quebracabezas aos que se engadirá de xeito descargable 1 novo cada día durante 1 ano, mantendo así o interese dos usuarios durante moito tempo.


Novo trailer de El profesor Layton y la Máscara de los Prodigios

PUBLICIDADE