O remake de Toki chega a PS4, PC e Xbox One

martes, 18 de xuño do 2019 Marcus Fernández

O esperado remake en alta definición do clásico Toki, que desenvolveuse con bastantes atrancos por parte de Golgoth Studio, chegou inicialmente a Nintendo Switch nunha edición moi especial que incluía unha especie de máquina recreativa de madeira na que poder colocar a Switch e simular así que estamos a gozar do xogo nunha versión arcade; e agora o resto de plataformas reciben con alegría este magnífico xogo que podemos mercar para PlayStation 4, PC e Xbox One.
Estamos ante a recuperación dun xogo de plataformas de 1989 que trunfara en máquinas recreativas e que tiñan unha aparencia moi coidada para a época, pero que para a súa recuperación precisaba de certo esforzo, de xeito que para que esta nova versión lucise ben tiveron que redebuxar a man todos os seus gráficos, conseguindo un acabado magnífico, que demostra que cun pulido gráfico é posible gozar como no primeiro día unha auténtica xoia que xa ten 30 anos.
O xogo métenos na pel dun guerreiro transformado nun chimpancé, que terá que superar numerosos perigos para rescatar á súa amada Miho dos bruxo Vookimedlo e o demo Bashtar. Nesta aventura haberá que percorrer un labirinto, un lago, unha caverna de lume, un palacio de xeo, unha xungla e un palacio dourado, ou sexa, unha grande riqueza de escenarios que farán que avanzar polas distintas fases sexa un desafío para o xogador e un agasallo para a vista.

O xogo amosa uns gráficos detallados debuxados a man

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE