O servizo StreetSide prepara a súa chegada a España

venres, 15 de abril do 2011 Marcus Fernández

As principais vías de toda España xa foron rexistradas polas cámaras de Google StreetView, pero a este servizo tan popular está a saírlle competencia, e entre marzo e agosto os vehículos de Microsoft percorrerán a cidade de Barcelona para incorporala ao servizo StreetSide (dentro dos mapas de Bing), que polo momento só permite explorar 56 áreas metropolitanas de EE.UU., varios lugares de Canadá e hai poucos días comezou o seu desembarco británico.
StreetSide non busca facer percorridos urbanos coma se viaxásemos polas rúas dunha cidade, senón que céntrase en amosar zonas turísticas e comerciais. Tamén incorporan tecnoloxía de difuminado de rostros e matrículas de automóbil.

PUBLICIDADE