O smartphone Canvas Turbo procurará abrir as portas de Europa ao fabricante indio Micromax

venres, 25 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Os fabricantes de smartphones asiáticos están a buscar canles para espallar os seus negocios máis aló dos seus territorios, e a compañía da India coñecida como Micromax xa prepara o seu desembarco con forza en Rusia e boa parte de Europa, chegando incluso a contratar ao actor Hugh Jackman como parte da súa campaña de imaxe.
O dispositivo elixido para esta expansión territorial non é outro que o atractivo Canvas Turbo, un smartphone con pantalla IPS Full HD de 5 polgadas, procesador MediaTek MT6589T de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, sistema operativo Android 4.2.1, Bluetooth 4.0, radio FM, batería de 2.000 mAh e soporte para dobre SIM (unha tarxeta SIM normal e outra en formato micro-SIM), todo encerrado baixo un corpo de aluminio anodizado de só 8,66 milímetros de grosor que está á venda en dúas cores (azul medianoite e branco primitivo) a un prezo 19.999 rupias (235,81 euros). Un bo terminal para chamar a atención do público ao combinar unhas prestacións avanzadas, un deseño atractivo e un prezo axustado.


Hugh Jackman anticipando o lanzamento do Micromax Canvas Turbo

O Canvas Turbo é un terminal delgado, contruído en aluminio
O actor Hugh Jackman pon cara ao novo móbil de Micromax

ACTUALIZACIÓN: Novo vídeo promocional protagonizado por Hugh Jackman:

PUBLICIDADE