O sucesor espiritual de Wing Commander bate records en crowdfunding

luns, 19 de novembro do 2012 Marcus Fernández

En 1990 veu a luz o xogo Wing Commander, que Chris Roberts dirixiu, produciu e deseñou para Origin Systems, con seguindo principiar unha franquía de xogos de simulación espacial de ciencia ficción de grande éxito, que deu lugar a numerosos xogos e incluso saltou do medio para centrar novelas, unha serie animada para televisión e unha película cinematográfica, e que agora quere recuperar en espírito a través do proxecto Star Citizen, co que Roberts buscaba fondos para desenvolver un novo xogo que recupere a épica espacial que moitos parecían querer recuperar, o que demostrou o feito de que superase ao resto de iniciativas do sector mediante crowdfunding.
Dende Kickstarter buscaban xuntar 500.000 dólares para Star Citizen, e finalmente pecharon con 2.134.374 dólares achegados por 34.397 mecenas, pero como de xeito paralelo conseguiron 4.119.944 dólares, o total supera os 6 millóns de dólares, cantidade que supera amplamente a outras iniciativas semellantes que non lograran superar os 4 millóns de dólares. De feito, recorreuse ao crowdfunding para confirmar a confianza do público no xogo, para xerar confianza nos investidores que xa estaba interesados no proxecto, de xeito que en vez de convencer a un editor recorreron directamente aos xogadores, que verán premiada a súa confianza por conseguir o produto final a un prezo moi atractivo.
Con este proxecto Chris Roberts quere crear un universo rico no que desenvolver unha aventura espacial épica, no que haxa apaixonantes combates de naves en primeira persoal, que contará con modos para un xogar en liña (con cooperativo) e fóra de liña, cun universo persistente, cun multixogador modificable e sen subscricións.


Trailer do proxecto

PUBLICIDADE