O teclado SwiftKey para Android pasa a ser de balde
mércores, 11 de xuño do 2014
Unha das caracterÃsticas máis apreciadas polos usuarios de
dispositivos con Android é a de poder mudar o teclado virtual do sistema
operativo para adaptalo ás preferencias de cada persoa, sendo un deste teclados
alternativos SwiftKey, que até o momento
vendÃase por 3,99 euros, e que vén de mudar de modelo de negocio pasando
a ser de balde para optar por cobrar pola personalización da súa estética a
través de temas de pagamento publicados na SwiftKey Store.
SwiftKey é unha ferramenta que incorpora opcións de corrección automática e
predición da seguinte palabra en máis de 60 idiomas (entre os que figuran o
español e o galego), adáptase a distintos tamaños de pantalla, inclúe máis de
800 emojis, sincroniza o estilo de
escritura entre varios dispositivos a través da nube e destaca especialmente
pola súa rapidez de uso, xa que as palabras poden teclearse sen levantar o dedo
da pantalla, o que confire unha grande axilidade á hora de comunicarnos co
móbil.
VÃdeo promocional do teclado SwiftKey