O torneo internacional de Dota 2 supera os 10 millóns de dólares en premios

venres, 27 de xuño do 2014 Marcus Fernández

O Compendio é o produto que financia os premios do torneo

Valve vai celebrar entre os días 18 e 21 de xullo un torneo internacional do seu xogo Dota 2 que responde ao nome de The International, e que nutrirase de achegas realizadas a través da compra do Compendio, libro virtual que permite manterse ao día sobre o que pasa no torneo, conseguir recompensas, subir de nivel, coleccionar cromos de xogadores e moito máis, como unha alternativa a estar presencialmente na competición. Por cada Compendio vendido por 7,19 euros apórtanse 2,5 dólares ao premio total do torneo, o que traduciuse nunha bolsa record, como nunca se veu antes no mundo dos videoxogos, xa que superáronse os 10 millóns de dólares.
Temos así que o torneo deste ano de Dota 2 triplicaría a cantidade dispoñible en premios a calquera outra competición de videoxogos celebrada até o momento, e incluso sería comparable a ligas de deportes tradicionais.
A competición deste ano celebrarase no KeyArena de Seattle (EE.UU.), o que permitirá que poidan asistir ao evento máis de 10.000 espectadores, e pese a que as entradas tiñan prezos de 99, 199 e 499 dólares, esgotáronse en apenas unha hora.

Imaxe da edición de 2013 do torneo internacional de Dota 2

PUBLICIDADE