O vindeiro reloxo de Samsung podería ser o Galaxy Watch 3
luns, 8 de xuño do 2020
A
familia de reloxos conectados de Samsung podería renovarse dun xeito curioso,
xa que tras un modelo de Galaxy Watch e 2 de Galaxy Watch Active, aseguran que en
vez de ver a luz un Galaxy Watch 2, teríamos un Galaxy Watch 3, deixando
así claro que estamos ante un trebello posterior ao Galaxy Watch Active2.
Aseguran que podería ser o primeiro reloxo de Samsung que estará dispoñible
en caixa de titanio (presumiblemente
nunha versión premium).
As primeiras filtracións apuntan a que o Galaxy Watch 3 chegarían en versións
de 41 e 45 milímetros (modelos SM-R840 e SM-R850), recuperaría o dial físico do
que carecen os modelos Active, a súa pantalla contaría con protección
Gorilla Glass DX, integraría GPS, 8 GB de almacenamento, unha batería de maior
capacidade á dos seus predecesores, resistencia á auga e, aparte da
monitorización do pulso, tamén podería monitorizar a presión arterial. É
probable que conte con funcións avanzadas como monitorización do sono, detección
do nivel de osíxeno en sangue ou mesmo a posibilidade de detectar ataques de
ansiedade.
Confíase que estes novos reloxos teñan unha presentación oficial en agosto, nun
evento no que tamén desvelarían os futuros Galaxy Note 20 e Galaxy Fold 2, de
xeito que chegarían ao mercado no mes de setembro.
Os smartwatches de Samsung co apelido Active carecen do característico dial físico dos primeiros Galaxy Watch