O xogo de Mario e os Rabbids estreará secuela en outubro
mércores, 29 de xuño do 2022
O grande éxito de Mario + Rabbids Kingdom Battle de
2017 foi toda unha sorpresa ao combinar con grande éxito os universos de Mario e dos Rabbids nun xogo de táctico, de aà que non deberÃa sorprendernos que
vaiamos ter unha secuela, Mario
+ Rabbids Sparks of Hope, que por fin ten unha data de lanzamento
fixada: o 20 de outubro.
Neste novo xogo Mario, Luigi, a princesa Peach, Rabbid Peach, Rabbid Luigi e os
seus amigos deberán emprender unha viaxe galáctica para derrotar a unha
entidade malévola (Cursa) e salvar aos Sparks. Para iso haberá que formar equipos
de 3 heroes a elixir entre 9 personaxes e enfrontarse a novos xefes e a outros
inimigos que resultarán familiares aos que gozasen da anterior entrega.
Este novo xogo de Ubisoft para Nintendo Switch permitirá visitar numerosos mundos repletos de contido e desafÃos, haberá novas mecánicas e moitas outras posibilidades que deixarán claro que falamos dunha secuela e non dunha simple expansión, ou sexa, que ofrecerá máis e mellor.
VÃdeo promocional no que podemos ver o novo xogo en acción