O xogo galego Trap Ball Adventure estrea demo
mércores, 14 de maio do 2025
O estudio de videoxogos galego Axóuxere Games levou a Android e a Xbox 360 o seu xogo Trap Ball en 2012, continuando a mellorar este tÃtulo progresivamente, até que decidiron que era hora de darlle unha volta ao concepto engadÃndolle unha historia e lanzando unha versión de proba pechada par comprobar a recepción do público, tanto a distancia como en encontros presenciais como a feira ExpOtaku na Coruña (na que Axóuxere Games participa habitualmente na súa zona destinada aos estudios de videoxogos independentes).
- Tono GundÃn é o game designer de Trap Ball Adventure
Deste xeito foi madurando Trap Ball Adventure até o punto de que decidiron que xa era hora de publicar en Steam unha versión de demostración aberta ao público xeral, que podemos descargar para PC e para Mac, para probar en primeira persoa este xogo que, aparte de contar cunha versión evolucionada das mecánicas da anterior entrega, anima ao xogador a avanzar a través dunha narración que conta incluso con voces e texto en galego.
A aventura colócanos no rol dunha bola 8 singular, xa que é a princesa de Sphereland que ten que fuxir de palacio cando o conselleiro do rei pretende arrebatarlle a coroa e facerse co poder. Para superar os distintos atrancos haberá que saltar, golpear e calcular cada movemento, asà como interactuar con elementos do sumidoiros que hai que percorrer, superando trampas e resolvendo quebracabezas.
Este xogo de plataformas está aÃnda en pleno desenvolvemento, estando previsto o seu lanzamento para o ano que vén, pero agora xa podemos probalo con confianza e transmitirlle as nosas sensacións aos seus desenvolvedores para contribuÃr a que chegue a porto do mellor xeito posible.