O xoves chegará Super Mario Run a Android
luns, 20 de marzo do 2017
Que o xogo Super Mario Run para iOS
conseguise superar
os 40 millóns de descargas en 4 dÃas fixo que o primeiro videoxogo de
Nintendo para dispositivos móbiles fose todo un fenómeno que aÃnda estaba só a
amosar a súa patiña por debaixo da porta xa que faltaba por chegar á plataforma
móbil maioritaria a nivel mundial: Android.
A primeiros de ano Nintendo confirmou que Super
Mario Run chegará
a Android este mesmo mes, abrindo o rexistro previo en Google Play para que
os interesados poidan recibir un aviso en canto este tÃtulo estea dispoñible
para a súa descarga, e finalmente confirman que o
dÃa esperado será o vindeiro xoves, cando Super Mario Run non só estreará versión para Android, senón que
tamén actualizarase á súa versión 2.0, de xeito que será posible gozar de novos
personaxes xogables e incluso será posible desbloquear o mundo 4-1 na versión
de balde do xogo de superar un dos desafÃos de Bowser.
Lembremos que este xogo pode descargarse de balde, convidando ao xogador a
percorrer os seus tres primeiro niveis recollendo moedas, mentres que se
pagamos 9,99 euros podemos desbloquear os 24 niveis do xogo (repartidos en 6
mundos).
Podemos considerar que a versión de balde non é máis que unha versión de
demostración do xogo, animando aos usuarios a facerse co xogo completo. Queda
agora por ver se ao chegar a un público moi amplo incrementaranse
considerablemente as vendas deste xogo que pese a ter
superado os 50 millóns de dólares en ingresos antes de rematar o ano pasado,
está a funcionar por debaixo das expectativas da propia Nintendo, compañÃa
afeita a que os seus grandes xogos de Super Mario teñan uns ingresos
millonarios cunha base de consolas moi inferior ao número de smartphones que
hai no mercado.