Ocarina of Time para 3DS incluirá a edición Master Quest do xogo

luns, 7 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Un dos xogos máis agardados para a Nintendo 3DS é sen dúbida o remake do clásico The Legend of Zelda: Ocarina of Time, e nunha entrevista en vídeo de ConservativeNewMedia a un representante de Nintendo durante a Game Developers Conference confírmase que non estaremos só ante unha revisión do xogo orixinal para Nintendo 64, senón que tamén incluirá a edición Master Quest, ou sexa, a conversión de Ocarina of Time para a GameCube que saíra en 2003 (incluíase coma contido adicional do xogo The Legend of Zelda: The Wind Waker) e que conservaba a esencia do xogo, pero redeseñando os alxubes para unha maior dificultade.


Entrevista na que dan detalles sobre o Ocarina of Time de 3DS

PUBLICIDADE