Oceanhorn chega ás consolas de nova xeración
mércores, 7 de setembro do 2016
Hai
tres anos os fineses Comfox & Bros fixeron realidade un soño para moitos
seareiros da saga de xogos The Legend of
Zelda ao publicar
para iPhone e iPad o xogo Oceanhorn:
Monster of the Uncharted Seas, tÃtulo claramente inspirado na franquÃa
de Nintendo, que presentaba tanto uns gráficos moi coidados como un excepcional
apartado sonoro (de feito, contaba con mestres como Nobuo Uematsu e Kenji Ito
para a composición da súa banda sonora). Pero agora o número de usuarios que
pode gozar deste sucedaneo de Zelda é
aÃnda amior, xa que FDG
Entertainment vén de estrear Oceanhorn:
Monsters of the Uncharted Seas para Xbox One
e PlayStation
4 a un prezo de 14,99 euros, ofrecendo gráficos Full HD a 60 imaxes por
segundo e máis de 10 horas de xogo seguindo a súa emocionante historia que
parte dun neno que terá que partir na procura do seu pai contando como únicas
pistas un vello diario e un misterioso colar. O rapaz terá que explorar as
illas dos Mares Inexplorados, un mundo cheo de perigos, quebracabezas e
segredos, tendo que derrotar a monstros, a prender a usar a maxia e descubrir
tesouros antigos que axudarán na misión á vez que revela os misterios do antigo
reino de Arcadia e do monstro mariño chamado Oceanhorn.
- Oceanhorn presenta coidados gráficos 3D e unha banda sonora de grande calidade, captando o espÃrito dos xogos de Zelda, e achegándoo a consolas que non son de Nintendo
Tráiler de lanzamento de Oceanhorn