Ofertan consolas Nintendo DS Lite con carcasas alternativas
mércores, 20 de xullo do 2011
A chegada ao
mercado da Nintendo 3DS marcou o comezo do fin das súas predecesoras (as consolas portátiles Nintendo DS/DS Lite/DSi), o que
está a dar lugar a distintas ofertas e mesmo orixinais propostas como as que
esta semana incorporaron á popular tenda en liña Dealextreme distintas consolas
Nintendo DS Lite reparadas ás que
cambiaron a súa carcasa por outras decoradas con motivos de series de
televisión (Naruto,
Dragon
Ball Z) e videoxogos (Super
Mario, Nintendogs,
Pokémon
e The
Legend of Zelda) entre outros por uns 75 euros (portes incluÃdos) o que é
unha interesante opción para facerse coa consola a un prezo atractivo ou para
agasallar a seareiros das temáticas indicadas.
- Pese a non existir oficialmente, xa é posible facerse cunha Nintendo DS Lite de Naruto
Nas mesma tenda en liña tamén están dispoñibles algunha
das carcasas alternativas (por
uns 7 euros) para quen xa teña unha Nintendo DS Lite e queira mudar a súa
imaxe, aÃnda que haberÃa que advertir que en ambos casos non teñen a calidade
das carcasas orixinais.
Cómpre destacar que estas curiosas Nintendo DS Lite edición limitada tamén están á venda nalgunhas tendas en liña
españolas, nas que poden
adquirirse por 84,90 euros, aÃnda que sorprende que non informen de que
estamos ante consolas que non veñen directamente de fábrica. De todos os
xeitos, a súa adquisición nunha tenda española deberÃa ter coma grande vantaxe
a posibilidade de esixir a súa garantÃa nos prazos legalmente establecidos, o
que agradecerán os que queiran facerse cun destes dispositivos a un prezo
bastante axustado.
- Estas edicións limitadas incluso veñen en caixas coa mesma estética que as carcasas das Nintendo DS Lite