OneToro abandona as corridas en directo tras acumular 12 millóns de euros en perdas
martes, 24 de setembro do 2024
O ano pasado puidemos ver como a canle temática Toros de Movistar Plus+ cesaba as súas emisións, deixando paso a Mundotoro TV, plataforma de vÃdeo en streaming que pasou a chamarse OneToro, e que semella que vai tamén camiño á desaparición, pois vén de publicar un comunicado no que indican que non retransmitirá «os compromisos de Sevilla e Madrid de final de tempada», argumentando a falla dun «acordo global de dereitos de imaxe equitativo».
Dende OneToro aseguran ter retransmitido 190 festexos dende a tempada 2023, realizando un investimento de 20 millóns de euros en dereitos de imaxe, o que provocou unhas perdas de 12 millóns de euros, facendo o seu modelo de negocio audiovisual insostible. Incluso apuntan que o seu teito de abonados foi de 60.000 usuarios, asegurando que só 1 de cada 4 afeccionados que consume os contidos de OneToro faino pagando legalmente.
AÃnda que aseguran que van seguir «apostando firmemente pola tauromaquia, mantendo a nosa plataforma, producindo contidos exclusivos e ofrecendo festexos en directo» non queda nada claro que iso vaia ser posible, se realmente estamos ante un negocio inviable.
As corridas de touros están a desaparecer de todos os ámbitos, celebrándose cada vez menos presencialmente pola falla de público, contando con cada vez menos apoio das canles de televisión, e confirmando que nin sequera as plataformas dixitais son quen de soster un produto audiovisual se non hai demanda dabondo.