Orange chega a España

martes, 3 de outubro do 2006 Marcus Fernández

France Télécom unifica finalmente as súas marcas Amena, Wanadoo, Uni2 e Equant en España, de xeito que responden dende o pasado luns ó nome de Orange, de xeito que conforman unha oferta unificada para reforzar a súa imaxe.
Agora, Orange aglutinará baixo unha única marca negocios de telefonía fixa, móbil, Internet e televisión, polo que pode estar á altura doutros operadores globais coma Telefónica.
Didier Lombart presenta Orange en EspañaOrange xa anunciou que nos vindeiros meses lanzará un teléfono que combina prestacións da telefonía fixa coa móbil (grazas á telefonía por Internet) de xeito que innovará nun mercado tan cambiante, no que podería supor unha vantaxe moi importante para os clientes (que poderían conservar un único número telefónico para dous sistemas de acceso diferentes).
Ademais, France Télécom quere ser o principal investidor estranxeiro no sector das telecomunicacións, comprometéndose a achegar 1.500 millóns de euros a España nos vindeiros 3 anos.
O presidente e conselleiro delegado do grupo France Télécom, Didier Lombard, durante a presentación de Orange destacou que España é “un país chave” para a compañía francesa e que suporá “melloras no servizo e produtos innovadores, que faciliten a vida e os negocios” para os seus 12 millóns de clientes que teñen na actualidade.

PUBLICIDADE