Orange podería ter interese en facerse con Euskaltel, Telecable e R

martes, 8 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Despois de varios meses de silencio sobre a posibilidade de que os operadores de telecomunicacións do norte peninsular fosen absorbidos por grandes operadores para manter o pulo neste mercado tan competitivo, rexorden os comentarios sobre a posibilidade de que Orange realice unha nova vaga de compras, e elEconomista asegura que Orange España tería xa no punto de mira ao grupo Euskaltel.
Lembremos que actualmente os operadores do grupo mencionado, Euskaltel, Telecable e R, ofrecen os seus servizos de telefonía móbil a través da rede de Orange, polo que a absorción dos operadores podería realizarse dun xeito bastante natural, recoñecendo xa o accionariado do grupo Euskaltel que está aberto a conversar, conscientes de que a concentración de operadores podería supor plusvalías para os seus investimentos.
Orange España, grazas á súa política de adquisicións, conseguiu colocarse como o segundo operador do mercado estatal, e a compra de Euskaltel fornecería esta posición.
O que si parece desbotado é que sexa Vodafone a compañía que opte por facerse coas compañías de cable do norte peninsular, mentres que o outro operador en expansión, MásMóvil, podería ser un firme candidato a facerse co grupo Euskaltel, se non fose polo grande tamaño que foi collendo, que practicamente deixa so a Orange España na potencial poxa.

PUBLICIDADE