Os 6 primeiros xogos de Mega Man volverán á vida no verán
luns, 8 de xuño do 2015
Capcom anunciou hoxe que está a preparar o lanzamento para
este verán do recompilatorio Mega Man
Legacy Collection, un lote cos seis xogos orixinais de Mega Man que
permitirán gozar destes clásicos inicialmente en Xbox One, PS4 e PC, saÃndo
unha versión para Nintendo 3DS no inverno.
Mega Man Legacy Collection pretende
render homenaxe aos xogos de 8 bits do icónico personaxe de Capcom, servindo
asà para que os nostálxicos poidan recuperar os primeiros tÃtulos e para que os
máis novos xogadores poidan descubrir estes xogos que poderán reproducirse coa
súa experiencia orixinal (Museum Mode) ou nun novo modo que mestura elementos
xogables dos 6 tÃtulos (Challenge Mode).
O Museum Mode incluirá unha colección de ilustracións históricas do xogo en
alta resolución, que os seareiros da saga poderÃan ir descubrindo.
O prezo do xogo en descarga dixital será de 14,99 euros.
VÃdeo promocional da Mega Man Legacy Collection</em<