Os Snapdragon 855 Plus incrementan o seu rendemento de cara ao 5G
luns, 15 de xullo do 2019
Os procesadores móbiles de Qualcomm recibirán un novo
integrante na súa familia, o Snapdragon
855 Plus, plataforma que busca atender a demanda de maior rendemento de CPU
e GPU para os servizos 5G, os videoxogos, a intelixencia artificial e a
realidade mixta, usos cada vez máis frecuentes e esixentes.
Os Qualcomm Snapdragon 855 Plus chegará ao mercado na segunda metade do ano e
promete uns gráficos mellorados (mellora o rendemento un 15% con respecto ao
Snapdragon 855), está deseñado para uns grandes gráficos con menor consumo, ten
soporte para o 5G e as versións máis avanzadas do 4G, conta cun procesador Hexagon
690 para unha intelixencia artificial máis sofisticada e facilita xogos con
gráficos con HDR e son de alta calidade.
Estamos ante unha evolución dos Snapdragon 855 que poderá pasar desapercibida
pola meirande parte dos usuarios, pero que contribuirá especialmente ao
lanzamento de novos terminais con 5G sen padecer problemas de rendemento ante novas
comunicacións máis esixentes.