Os auriculares LG Tone Free incorporan cancelación de ruído activa
luns, 26 de xullo do 2021
LG está a actualizar os seus auriculares sen fíos LG Tone
Free, que chegan
en 3 modelos distintos presumindo dunha suxeición confortable no ouvido,
son avanzado axustado por Meridian, cancelación de ruído activa e funda
hixienizante mediante radiación ultravioleta (en 2 dos 3 modelos).
Estes auriculares contan con certificación IPX4, ou sexa, que son aptos para
utilizar durante a práctica deportiva; inclúen procesamento de son espacial que
consegue que o usuario perciba que o audio chega de todas as direccións;
ofrecen uns graves máis potentes sen comprometer a claridade e o detalle;
integran 3 micrófonos por auricular para conseguir unha experiencia en
chamadas; estrean un modo murmurio que busca unha maior intimidade (para o que
o usuario pode suxeitar o auricular dereito diante da súa boca para falar en
voz baixa e poder falar en contornos nos que non se pode elevar a voz (ou nos
que hai moito rebumbio ao redor); e o illamento acústico consegue eliminar
bastante ruído ambiental ao que súmase unha cancelación activa capaz de
eliminar moitos outros ruídos externos que recollen os micrófonos.
O estoxo de carga dos auriculares Tone Free integran LED UV-C que promete
reducir as bacterias nos auriculares até un 99,9% en só 5 minutos, o que, xunto
ao material hipoalerxénico das almofadas dos auriculares conseguen reducir o
risco de irritacións na canle auditiva.
A autonomía destes auriculares tamén resulta destacable, con até 10 horas de
reprodución entre cargas, cun total de 24 horas de uso grazas ao estoxo de
carga. Amais, 5 minutos de carga chegan para 1 hora completa de escoita.