Os auriculares sen fíos de Sony reducen tamaño e peso
luns, 24 de xullo do 2023
Os auriculares sen
fíos de Sony, claro referente no mercado en calidade de son e cancelación de
ruído, estrea un novo modelo da versión intraural, os Sony WF-1000XM5, que
melloran a cancelación de ruído, o son inmersivo e a calidade das chamadas,
aínda que o máis visible desta actualización é que reducen o seu tamaño un 25%
e o seu peso un 20%, reducindo tamén o tamaño do estoxo de carga, conseguindo
así un aspecto máis elegante no peto.
Sony asegura que os auriculares WF-1000XM5 ofrecen o maior rendemento de cancelación
de ruído nunca visto, integrando 3 micrófonos en cada auriculares (incluíndo 2
micrófonos retroalimentados, que facilitan a eliminación das baixas
frecuencias) e cun procesador integrado V2 que desbloquea todo o potencial do
procesador de cancelación de ruído HD QN2e. A esta redución de ruído tamén contribúen
as almofadas de espuma de poliuretano, que crean un grande illamento acústico e
reducen o ruído no rango de frecuencias máis altas.
O deseño dos Dynamic Driver X permiten que estes auriculares reproduzan mellor
as distintas frecuencias, conseguindo experimentar voces ricas e detalladas. Á
calidade de son tamén contribúe o codec de alta resolución sen fíos LDAC e a
tecnoloxía DSEE Extreme (que mellora en tempo real a música dixital comprimida).
Tampouco esquecen a función 360 Reality Audio para conseguir sensacións
inmersivas.
Para unhas chamadas nítidas os WF-1000XM5 contan cun algoritmo de redución de
ruído baseado en IA con procesamento Deep Neural Network, que xunto aos
sensores de condución ósea permite que a voz chegue nítida incluso nos
ambientes máis ruidosos.
Este novos auriculares chegarán ao mercado no mes de agosto a un prezo recomendado
de 320 euros.
Vídeo promocional dos Sony WF-1000XM3