Os celtas chegarán en breve a Age of Empires Online

luns, 6 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

O popular xogo Age of Empires Online prepárase para unha actualización, de xeito que tras a chegada dos persas a este xogo de estratexia en tempo real que botou a andar o pasado verán facendo uso da plataforma Games for Windows, prepárase a chegada dos celtas a este título de Gas Powered Games que para atraer a novos usuarios permite gozar de máis de 40 horas de xogo de balde, incluíndo civilizacións como a grega e a exipcia, aínda que é preciso pagar polas súas distintas ampliacións.
A expansión celta de Age of Empires Online incorporará novidades interesantes na exploración de reinos do norte ou a posibilidade de adquirir novas unidades como druídas e espadachíns, incluíndo tamén novo equipamento e recompensas.
Podemos ver máis detalles sobre esta ampliación do xogo no seguinte vídeo de adianto:

Tras os persas, os celtas serán a vindeira civilización en integrarse en Age of Empires Online

PUBLICIDADE